Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta convocará este ano 2.628 prazas de profesorado polo sistema vixente

A Xunta convocará este ano 2.628 prazas de profesorado polo sistema vixente

Destaca que "Galicia é a comunidade con menor temporalidade docente de todo o estado"

G24.gal 11/01/2022 15:23

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informou en conferencia de prensa sobre a convocatoria de oposicións docentes para 2022, que ofertará un total de 2.628 prazas de profesorado que se rexerán polo procedemento vixente ata o momento. 

Rodríguez indicou que o obxectivo é dar "certezas" e "seguridade xurídica" aos opositores e que cando o Real Decreto Lei que prepara o Goberno estea aprobado, convocaranse entre 500 e 600 prazas máis polo procedemento de concurso de méritos e dirixidas especificamente a interinos.

Os exames correspondentes ás 2.628 prazas celebraranse en xuño e xullo baixo o sistema habitual, mentres que as probas para o sistema de concurso de méritos terán lugar no último trimestre deste ano. E indicou que antes de que finalice este mes de xaneiro publicarase a convocatoria para as prazas aprobadas.

En contra do Goberno

O conselleiro explicou que Galicia xa conseguiu o obxectivo do 8 % de profesores interinos grazas ás convocatorias de oposicións celebradas no últimos cinco anos, con máis de 9.000 prazas.

E destacou que Galicia é a comunidade con menor temporalidade docente de todo o estado, fronte ao 25 % de media nacional ou superior ao 40 % que ten algunha autonomía, polo que o cambio que propón o Ministerio "en Galicia non ten sentido", aseverou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade