Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta corrixirá as filtracións de auga da Catedral de Lugo

A Xunta corrixirá as filtracións de auga da Catedral de Lugo

Os técnicos actuarán baixo a praza para mellorar a canalización das augas e eliminar as humidades 

Os traballos, presupostados en 400.000 euros, durarán cinco meses

G24.gal 20/06/2024 11:19 Última actualización 20/06/2024 11:35

A Xunta realizará unha actuación de emerxencia para solucionar as continuas filtracións de auga que afectan á catedral de Lugo. Están relacionadas co pasado romano da cidade.

Os traballos de restauración no claustro da basílica deixaron ao descuberto a principal cloaca da cidade naquela época. Unha infraestrutura, a catro metros de profundidade, situada baixo a praza de Santa María.

Os técnicos ven necesario actuar baixo a praza para mellorar a canalización das augas e así eliminar as humidades.

A Xunta estima que o seu custo será duns 400.000 euros. O Concello di que dará todas as facilidades para que os traballos, que durarán uns 5 meses, comecen canto antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar