Jácome pídelle ao Santísimo na ofrenda do Antigo Reino que ilumine os novos alcaldes
Jácome pídelle ao Santísimo na ofrenda do Antigo Reino que ilumine os novos alcaldes
O rexedor ourensán foi o encargado de realizar a ofrenda, unha tradición con máis de 300 anos, na catedral de Lugo
Cita de alcaldes na catedral de Lugo para asistir á ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo. Asistiron os rexedores de Lugo, Ourense e Mondoñedo e mandaron representantes os da Coruña, Betanzos e Tui. De Santiago non acudiu ninguén.
A ofrenda este ano correspondeulle facela ao alcalde de Ourense, que foi respondido polo bispo da mesma localidade. No acto tamén estaban presentes representantes da Xunta e do Parlamento, entre outras autoridades. A ofrenda é unha tradición que se mantén desde hai 351 anos.
As sete cidades do Antigo Reino de Galicia participan cada ano, a principios de xuño, na ofrenda ao Santísimo na catedral.
Representantes municipais de Lugo, Mondoñedo, Betanzos, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Tui manteñen viva unha cerimonia que se remonta a 1669, cando o rei accedeu a que se fixese unha ofrenda anual para contribuír, precisamente, a sufragar o gasto “de iluminación ao Santísimo Sacramento”, exposto de forma perpetua no altar maior do templo.
Trátase dun acto relixioso, pero tamén unha manifestación cultural cun gran significado, dado que é a única na que permanece a referencia ao Antigo Reino de Galicia e a séculos de tradición de exposición perpetua do Santísimo.