Publicador de contidos
Publicador de contidos

As cloacas romanas que aínda funcionan en Lugo

As cloacas romanas que aínda funcionan en Lugo

Están baixo a catedral e teñen case vinte séculos

G24.gal 22/06/2024 14:27

De sempre se dixo que baixo a catedral de Lugo agóchanse túneles e corredores esquecidos. E demostrouse que, en parte, é certo. Un descubrimento feito grazas ás obras de restauración do claustro do templo que constataron, ademais, que as cloacas romanas seguen activas.

Nas tres catas arqueolóxicas que se fixeron nos traballos de restauración do claustro da catedral de Lugo, ademais dunha necrópole medieval, tamén se documentou a cloaca romana que cruza por debaixo da catedral de este a oeste.

A cloaca segue activa, construíuse nos primeiros séculos da nosa era e ten forma de corredor abovedado. Situábase á saída da cidade e recollía os seus residuos. Tamén os da catedral, como os que se orixinaban nos urinarios do claustro, dos que xa só queda un.

Ademais da vertente que atravesa o claustro, a cloaca ten outra vertente que vai polo exterior da Capela dos Ollos Grandes, que se restaurou no século XVIII e que se volverá restaurar a finais deste ano para arranxar as filtracións que son visibles dentro da propia capela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade