Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta define a estabilidade do prezo do leite como esencial para o presente e o futuro do sector

A Xunta define a estabilidade do prezo do leite como esencial para o presente e o futuro do sector

O conselleiro do Medio Rural apelou á responsabilidade da industria antes de reunirse cos principais compradores de leite galego

G24.gal 18/10/2023 21:04 Última actualización 18/10/2023 21:28

A Xunta define a estabilidade dos prezos do leite como esencial para garantir a sustentabilidade do sector e asegurar a remuda xeracional no agro galego. 

Así o expresou o conselleiro do Medio Rural antes de reunirse con representantes das industrias lácteas. José González non está de acordo con que o prezo do leite español estea lastrando a competitividade do leite galego. Cre que o problema está na falta de gandeiros, e que para que haxa gandeiros ten que haber un prezo que cubra os custos de produción e a rendibilidade. 

"Dende logo, nós non estamos dispostos a continuar nunha situación en que o prezo do leite galego estea moi por debaixo do do resto de España, porque, por calidade, o leite galego ten que estar á cabeza do prezo de toda a Península Ibérica. E, polo tanto, se esta situación se prolonga no tempo, a Xunta de Galicia adoptará as medidas que considere oportunas ao respecto", sinalou o conselleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade