Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta deseñará unha rede de aparcadoiros seguros para camioneiras

A Xunta deseñará unha rede de aparcadoiros seguros para camioneiras

Con esta medida busca facilitar a incorporación da muller ao sector

G24.gal 14/09/2023 17:08

Tan só o 3 % dos profesionais do transporte de mercadorías son mulleres. Para facilitar a incorporación das que queiran traballar neste sector, Galicia vai deseñar unha rede de aparcadoiros seguros, para que as transportistas poidan descansar con máis comodidades.

Haberá 1.500 prazas con servizo de vixilancia repartidas por todo o territorio galego. O presidente da Xunta sinalou que con esta decisión “Galicia vai ser a primeira comunidade en contar cunha rede de aparcadoiros públicos seguros para camións” para que os traballadores poidan facer “noite con toda seguridade e dignidade”.

Para iso, os aparcadoiros seguros contarán “con servizo de vixilancia, peche perimetral, iluminación adecuada ou outros servizos como duchas”, explicou o presidente galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade