Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta destina 10 millóns a transformar a estrada vella entre Pontevedra e Marín

A Xunta destina 10 millóns a transformar a estrada vella entre Pontevedra e Marín

 O proxecto inclúe sendas peonís e ciclistas, melloras nas paradas do bus, un aparcadoiro disuasorio, un miradoiro e zonas verdes

G24.gal 28/03/2023 14:15

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou este martes o proxecto para construír o Eixo de Mobilidade Sustentable na estrada vella entre Pontevedra e Marín. O Goberno galego vai destinar 9,36 millóns a facer sendas peonís e ciclistas para mellorar a seguridade dunha vía pola que circulan uns 5.000 vehículos cada día.

Durante o acto celebrado en Marín, o presidente da Xunta apuntou que prevén que a obra estea rematada a finais do 2024 ou principios do 2025. Alfonso Rueda destaca os beneficios para os veciños, xa que van facer tamén melloras nas paradas do bus, un aparcadoiro disuasorio, un miradoiro e zonas verdes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade