Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta destina 25 millóns de euros a melloras na contorna dos seis parques naturais galegos

A Xunta destina 25 millóns de euros a melloras na contorna dos seis parques naturais galegos

As axudas poderán solicitalas tanto os concellos como as asociacións de veciños para recuperar elementos etnográficos e espazos naturais

A consellería de Medio Ambiente lanza tamén 2,4 millóns para axudas nos espazos da Rede Natura

A conselleira visitou o Muíño dos Mozos rehabilitado na parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños 

O muíño dos Mozos, no concello de Muíños, está totalmente rehabilitado
G24.gal 12/01/2022 14:47

Recuperar os espazos naturais e os elementos etnográficos e patrimoniais é un dos obxectivos da liña de axudas da Consellería de Medio Ambiente nas contornas dos seis parques naturais galegos. No parque natural do Xurés os veciños contan cun novo muíño rehabilitado que se pode visitar no concello ourensán de Muíños.

O muíño dos Mozos, situado a carón da Corga da parroquia de Barxés leva máis de 30 anos en desuso. Asunción de 81 anos é unha desas veciñas da aldea de Pazos que o empregaban para moer. 

"Viñamos por aí polo sendeiro cun saco de millo ás costas e despois levabas a fariña outra vez ás costas para a casa. Eu tiña dez ou 12 e viña co papá e coa mamá, eu levaba o que podía e eu levaba máis", conta Asunción Santón, veciña de Pazos. 

E todo o mes o muíño estaba ocupado. A veciñanza empregábano de xeito comunitario. A ilusión de Asunción sería volvelo ver en funcionamento. 

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou o muíño xa rehabilitados xa rehabilitado e anunciou unha nova liña de axudas para este ano de 25 millóns de euros para preservar as contornas dos parques naturais galegos. 

"Terán oportunidade tanto os concellos, con axudas ao 100 %, cun máximo de 40.000 euros, como tamén as asociacións de veciños e os particulares con axudas para recuperar, conservar, preservar os espazos naturais, pero tamén a parte etnográfica con axudas de ata 12.000 euros", explicou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar