Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta fixa as condicións para que os concellos rebaixen un 60 % a suba do canon de Sogama

A Xunta fixa as condicións para que os concellos rebaixen un 60 % a suba do canon de Sogama

Para acceder á bonificación, os concellos terán que reducir a produción de residuos sólidos urbanos ou incrementar nun 3 % a reciclaxe

A Fegamp estudará a proposta para decidir se formula alegacións

 

G24.gal 27/09/2024 21:09

A Xunta fixou as condicións para que os concellos poidan acollerse á redución do 60 por cento da subida do canon de Sogama. Foi nunha reunión da conselleira do Medio Ambiente co presidente da Fegamp.

Para acceder a esa bonificación, os concellos terán que reducir a produción de residuos sólidos urbanos ou incrementar nun 3 % a reciclaxe. Con esta rebaixa, dixo Ánxeles Vázquez, os concellos pagarán 83 euros en lugar de 108.  

O presidente da Fegamp dixo que esta reunión serviu para ter "información oficial" e que agora deberán decidir sobre a proposta da Xunta e se fan alegacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade