Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta habilita 50 prazas en residencias para as persoas desaloxadas máis vulnerables

A Xunta habilita 50 prazas en residencias para as persoas desaloxadas máis vulnerables

G24.gal 20/07/2022 17:00

Dende o xoves houbo máis de 1.400 persoas desaloxadas polos incendios. As máis vulnerables, por idade ou por ter patoloxías crónicas, están sendo realoxadas en residencias de maiores.

A Xunta puxo de momento 50 prazas á súa disposición, ampliables se hai necesidade, e das que 14 están ocupadas arestora.

Poden ampliar o número de prazas se se precisan, pero de momento son 50 repartidas en 9 centros residenciais coma o do Incio, onde está realoxada dende o luns unha veciña de Meiraos e unha familia de Folgoso do Courel.

Comentan á TVG que todos están ben, pero coa preocupación lóxica de como estarán as súas casas e cando poderán volver a elas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade