Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta lamenta a falta de información e que algúns "fagan política" coa chegada dos migrantes

A Xunta lamenta a falta de información e que algúns "fagan política" coa chegada dos migrantes

A Xunta agarda 700 migrantes e esíxelle información ao Goberno, que anunciara só 470

Pedro Sánchez pídelle ao PP que apoie a lei de estranxeiría

Migrantes acollidos por Galicia chegan en 2023 ao seu hotel de residencia temporal Migrantes acollidos por Galicia chegan en 2023 ao seu hotel de residencia temporal
G24.gal 18/07/2024 12:07

A conselleira de Política Social insiste en que a Xunta de Galicia non ten información concreta sobre a chegada de migrantes a Galicia dentro da repartición prevista entre as comunidades autónomas. 

Fabiola García mantén que non saben o número exacto nin tampouco a data de chegada, algo que cren imprescindible para poder preparar o dispositivo de acollemento que precisan. A conselleira lamentou que algúns queiran "facer política" con esta crise humanitaria e subliñou que foi o presidente da Xunta o que se dirixiu ao Goberno central para reclamar información detallada.

Nesta liña, volveu reprochar as últimas declaracións de varios membros do Goberno, entre eles o presidente Pedro Sánchez, nas que acusaban á Xunta de Galicia de non acoller a ningún menor migrante en 2023.

"Non imos aceptar que tanto a ministra Rego como o propio presidente, mintan. Mentiron cando dixeron que Galicia non acollía menores cando en 2021, 2022, 2023 e agora en 2024 votamos si na conferencia sectorial para acoller a todas esas persoas menores migrantes", lembrou.

 

"E agora atopámonos con que a nova ministra, Elma Sáez, ocúltanos información. Témonos que decatar de que van chegar persoas por detrás. Nós o que queremos é darlle a calidade de vida que merecen a todas estas persoas. E para iso necesitamos que nos digan que criterios de repartición están a empregarse nestes momentos para distribuílas para ter un dispositivo preparado", engadiu Fabiola García

Sánchez pídelle apoio ao Partido Popular

Este xoves o presidente do Goberno Pedro Sánchez pedíalle ao Partido Popular que apoie a reforma da lei de estranxeiría que o PSOE levou con Sumar e Coalición Canaria ao Congreso. O Goberno carece dos apoios dos seus socios habituais para sacala adiante. Ante a situación límite de colapso que se vive nas Canarias, Sánchez recorre aos populares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade