A Xunta pide claridade ao Goberno para identificar os menores migrantes que chegan a Galicia
A Xunta pide claridade ao Goberno para identificar os menores migrantes que chegan a Galicia
O Goberno garantiu que só se ían trasladar adultos, pero as avaliacións realizadas ata agora identificaron entre eles 15 menores que xa están baixo a tutela autonómica
A Galicia chegaron este verán 800 inmigrantes. O Goberno garantiu que só se ían trasladar adultos. Pero as avaliacións realizadas ata agora identificaron entre eles 15 menores que xa están baixo a tutela autonómica. Desde a Xunta din que a falta de información repercute na atención destas persoas.
"Lamentar que o Goberno central, que o propio ministerio, non nos facilite todos os datos de xeito concreto e directo. Porque cando se trata de persoas menores dependen automaticamente da Xunta de Galicia. Hai que incorporalos ao sistema de protección, hai que escolarizalos. E polo tanto tamén estamos traballando con Fiscalía para facerlles as probas de idade correspondentes. O que queremos é claridade", di a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García.