A Xunta pide rebaixas nas peaxes da AP-53, unha das máis caras de España
A Xunta pide rebaixas nas peaxes da AP-53, unha das máis caras de España
Ten un custo medio de 7,77 céntimos o quilómetro, fronte aos 5,67 das autoestradas autonómicas
A AP-53 que une Santiago e Ourense é unha das mais caras de España, cun custo medio de 7,77 céntimos o quilómetro, fronte aos 5,67 das autoestradas autonómicas. A Xunta remitiu ao Goberno estatal un informe para solicitar as mesmas bonificacións que deron a AP-9, que entrarán en vigor a principios de ano.
Os alcaldes dunha vintena de concellos afectados polos prezos da AP-53 acordaron por unanimidade que a Xunta presentase o proxecto ao Goberno. Este estudo cifra en pouco máis de 3,2 millóns de euros o investimento necesario para equiparar as bonificacións ás que ten a AP-9.
A Xunta pídelle ao ministerio sensibilidade para vertebrar ese eixe Santiago-Ourense e incrementar a seguridade viaria.