Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta pide unha fronte común europea contra as políticas pesqueiras de Bruxelas

A Xunta pide unha fronte común europea contra as políticas pesqueiras de Bruxelas

Reuniuse o Consello Galego de Pesca para avaliar a situación

G24.gal 06/03/2023 22:05

A Xunta avoga por crear unha fronte común de estados costeiros europeos para defender o sector pesqueiro.  

A conselleira do Mar presidiu a reunión do Consello Galego de Pesca para analizar as repercusións das políticas restritivas que impulsa Bruxelas.

Sobre a mesa, a prohibición do arrastre en zonas protexidas, a descarbonización da frota e normativas que non teñen en conta, segundo a consellería, informes ambientais nin o seu impacto socioeconómico.

"España ten que buscar aliados e defender os intereses dun sector que é importante para toda Europa pero é vital para Galicia", asegurou Rosa Quintana.

A conselleira destacou que o sector pesqueiro produce alimentos e faino dunha maneira sostible. Destacou que todos os datos científicos acreditan que a maior parte dos nosos caladoiros se atopa no rendemento máximo sostible. Polo tanto, pedimos un pouco de cordura e sentido común, engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade