Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta pídelle á UE que as normas pesqueiras estean baseadas en estudos sólidos

A Xunta pídelle á UE que as normas pesqueiras estean baseadas en estudos sólidos

Pretende evitar casos como o veto á pesca de fondo

A petición fíxolla a conselleira do Mar á directora xeral de Asuntos Marítimos da Comisión Europea, que se reuniu co sector

G24.gal 12/07/2022 19:32 Última actualización 12/07/2022 19:51

A Xunta pídelle a Bruxelas que as normas estean baseadas en estudos sólidos para evitar casos como o veto á pesca de fondo.
Foi no encontro que a conselleira do Mar mantivo cos integrantes do Consello Galego de Pesca e coa directora xeral de Asuntos Marítimos da Comisión Europea.

Rosa Quintana agradeceulle a visita confiando en que leve unha idea máis real do que é a cadea mar-industria galega. A conselleira tamén destacou o compromiso do sector coa pesca sostible.

"Temos que ser capaces de conseguir que o sector, os científicos e a administración traballemos unidos porque está claro que todos temos un único fin, que é seguir mantendo vivo un sector que é unha actividade económica importante para a  Unión Europea porque produce alimento, importante para España porque é o primeiro país pesqueiro, pero fundamental para Galicia porque é un sector que, practicamente, inflúe en case 90% das ramas da actividade económica", dixo Rosa Quintana, conselleira do Mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade