A Xunta pon en marcha o Plan galego de residencias libres de suxeicións
A Xunta pon en marcha o Plan galego de residencias libres de suxeicións
Estreáse nas residencias Torrente Ballester da Coruña e Campolongo de Ponvetedra, pero vaise estender a todos os centros sociosanitarios da rede pública
Política Social conta coa colaboración da CEOMA para formar os profesionais
A Xunta pon en marcha o Plan galego de residencias libres de suxeicións.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou que se vai estender a todas as residencias de maiores do sistema público.
"Queremos continuar coidando e avanzando na posta en marcha dese novo modelo de coidados en que Galicia xa é unha referencia. Imos dar máis calidade de vida ás persoas maiores e tamén lles imos facilitar o traballo a todos os profesionais dos centros residenciais", declarou a conselleira.
O programa Desátame, para enfermos de alzhéimer e outras demencias, enmárcase no novo modelo de coidados destinado a crear uns centros residenciais máis humanos. Inclúe a dixitalización das instalacións para previr caídas e formación específica para os profesionais, que se abordará coa colaboración da Confederación Española de Organizacións de Maiores.
En Galicia, estes mecanismos de suxeición xa se empregan como último recurso na actualidade e sempre que exista unha prescrición médica ou un consentimento informado.