Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta presentará antes do verán as primeiras ferramentas tecnolóxicas do Proxecto Nós sobre o galego

A Xunta presentará antes do verán as primeiras ferramentas tecnolóxicas do Proxecto Nós sobre o galego

O secretario xeral de Política Lingüística di que o Proxecto Nós suporá que "o galego colla o tren da modernidade"

Valentín García considera a Fernández del Riego, autor das Letras Galegas 2023, "piar fundamental para entender a Galicia Contemporánea"

G24.gal 14/05/2023 11:35 Última actualización 14/05/2023 11:58

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, concreta nunha entrevista na Radio Galega que "antes do verán" prevén facer demostracións públicas das novas ferramentas ao abeiro do Proxecto Nós para situar o galego na vangarda tecnolóxica. Na mesma semana na que o conselleiro de Cultura avanzara no Parlamento a posta en marcha das tres primeiras medidas do Proxecto Nós, García expuxo os prazos de medidas como a creación dun tradutor de galego con tecnoloxía neuronal e dun conversor de galego oral a texto.

"Nós queriamos empezar a ensinalas xa agora, polo menos algunha destas ferramentas antes do verán. Pero sobre todo no último trimestre deste ano as demostracións públicas que funcionen".  

Rernández del Riego

O secretario xeral de Política Lingüística tamén puxo en valor a figura de Francisco Fernández del Riego, autor ao que se lle rende homenaxe este ano no Día das Letras Galegas. Segundo explicou, o lourenzao é un "piar fundamental para entender a Galicia contemporánea". Ademais lembrou que Del Riego, canda Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, foi o impulsor da creación en 1963 do Día das Letras Galegas. 

Evolución do Galego

Respecto á situación do galego e a súa evolución, o secretario xeral de Política Lingüística recoñece que malia termos "a xeración máis preparada para ler, para escribir e para falar o galego" hai unha faixa de de idade que vai ata os 19-20 anos "onde máis nos baixa o uso da lingua galega". Neste punto, Valentín García aposta por "transmitirlles aos máis novos e as máis novas as vantaxes de ser plurilingüe" e "explicarlles aos máis pequenos o importante que é falar galego". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade