Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta prohibirá revender as vivendas de protección pública a partir de 2025

A Xunta prohibirá revender as vivendas de protección pública a partir de 2025

Ata agora podíanse vender pasados uns anos da compra, pero a partir do vindeiro ano terán protección indefinida

G24.gal 18/10/2024 16:03 Última actualización 18/10/2024 16:48

Trabas para vender vivenda protexida. Desde o próximo ano, en Galicia, as vivendas de protección pública e protección autonómica construidas en solo publico estarán protexidas indefinidamente. E dicir, non se poderán vender pasados uns anos, como ata agora. 

A Xunta establecerá desde o próximo 1 de xaneiro de 2025 unha duración indefinida e permanente para a protección de todas as vivendas de promoción pública e das de protección autonómica, aquelas de promoción privada nun chan desenvolvido por un promotor público.

Así o anunciou este venres en Vigo a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. Foi durante unha visita ao barrio de Navia, onde se construirán máis de 1.600 vivendas, a metade delas públicas.

Todas esas vivendas quedarán, desta forma, protexidas indefinidamente unha vez que a Xunta modifique o artigo 60 da lei galega de vivenda que regula a duración do réxime de protección.

Ese barrio "sintetiza o modelo para Galicia" que pretende o Executivo autonómico: "construción de calidade con espazos verdes, para a práctica deportiva, para o asentamento de novas familias e novos negocios e con servizos preto", como instituto e centro de saúde.

A Xunta triplica o orzamento para a construción de vivenda pública, indicou Allegue, e o orzamento da Consellería supera por primeira vez os 500 millóns de euros (476 en 2024, 513 en 2025).

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) contará o próximo ano con investimento de máis de 221 millóns de euros, 55 máis que en 2024.

Pide ao Goberno que se poña á altura do problema da vivenda

Allegue presumiu do compromiso claro da Xunta en vivenda e trasladou ao Goberno central que deixe de "pedir máis implicación ás comunidades autónomas" e se poña á "altura" dun problema que afecta todo o país.

A conselleira lembrou as medidas que aprobou a Xunta para incrementar a oferta de chan e de edificacións destinadas a vivenda.

Reducir á metade os prazos para a tramitación e desenvolvemento de proxectos de interese autonómico que permitan habilitar chan para construción de vivenda protexida, facilitar a conversión de baixos comerciais en vivenda ou equiparar a nivel fiscal o concepto de vivenda aos locais que cambie o seu uso son algunhas das medidas.

A elas súmase outra iniciativa para que as estruturas parcialmente executadas que tiñan licenza urbanística poidan ser rematadas coa solicitude dunha nova licenza municipal para completar a súa execución conforme os parámetros urbanísticos do momento da concesión da licenza e sempre que o 50 % dos pisos sexan protexidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade