A Xunta proporá celebrar o debate sobre o estado de autonomía en outubro
A Xunta proporá celebrar o debate sobre o estado de autonomía en outubro
Sería o primeiro debate con Alfonso Rueda como presidente da Xunta
Rueda asegura que o goberno galego fará balance do feito e "do que van seguir facendo para facilitarlles a vida aos galegos"
O debate sobre o estado de autonomía, o primeiro de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, celebrarase en outubro. Así o van pedir no Parlamento esta semana.
De se cumpriren os prazos, a sesión daría comezo o luns día 9 coa intervención do presidente da Xunta. Será a primeira de Rueda presidindo o debate desde que fora investido en maio do ano pasado tras a marcha de Núñez Feijóo a Madrid.
Despois virían as comparecencias dos voceiros da oposición. E xa na última xornada, na do mércores 11, votaríanse as distintas iniciativas. Alfonso Rueda aseguraba hoxe que neste debate de autonomía o goberno galego fará balance do feito ata o de agora pero sobre todo, di, "do que van seguir facendo para facilitarlles a vida aos galegos".