Cargando resultados...
A Xunta reitera que a reparación dos viadutos da A-6 debería ser en paralelo
A Xunta reitera que a reparación dos viadutos da A-6 debería ser en paralelo
Considera que o Executivo actúa en función de criterios políticos
Mantén que se a obra afectase outra comunidade, o Goberno estaría máis implicado
G24.gal
25/03/2023 14:16
Última actualización 25/03/2023 14:24
A Xunta entende que a reconstrución dos viadutos do Castro da autovía A-6 debe acometerse ao mesmo tempo en paralelo, polo procedemento de urxencia. É a fórmula que o Ministerio de Transportes segue noutras vías.
A conselleira de Infraestruturas cre que a actitude do Goberno responde a criterios políticos e pide máis implicación á hora de abordar a execución da obra.
Di tamén que o Goberno debera tomar nota da liña de acción da Xunta en materia de estradas.