Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta aproba axudas a bateeiros que tiveran que parar o ano pasado pola toxina

A Xunta aproba axudas a bateeiros que tiveran que parar o ano pasado pola toxina

Son 500.000 euros dirixidos a 50 destinatarios

G24.gal 19/07/2023 16:14

A Xunta acaba de aprobar axudas por medio millón de euros para os bateeiros que tivesen que suspender a actividade durante máis de catro meses por presenza de toxina.  Este mércores o conselleiro do Mar visitou os bateeiros de Combarro.

As axudas, que está previsto que saian o venres no DOG, van dirixidas a mitigar as perdas por mor de episodios de toxinas durante máis de catro meses consecutivos no ano pasado.

Esta liña, dotada con 500.000 euros, busca dar resposta á situación excepcional vivida o ano pasado en deteminadas zonas onde se detectou de xeito recorrente a presenza de toxinas lipofílicas ou paralizantes, que, segundo o Intecmar, afectaron sobre todo en Bueu e Portonovo.

"Basicamente son uns 50 beneficiarios destas axudas, un total de aproximadamente unhas 80 instalacións, e sobre todo nas zonas de Bueu e Portonovo, as zonas onde xurdiron os problemas con estas toxinas, tanto as lipofílicas como as paralizantes", di Alfonso Villares, conselleiro do Mar

As achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo de Pesca, cubrirán como máximo o 50 por cento do descenso nos ingresos rexistrados polos produtores acuícolas, ata un máximo de 100.000 euros.

Á fin e ao cabo estamos falando de que durante de catro meses este sector non puido vender o seu produto, polo tanto estas axudas van no camiño de intentar mitigar as perdas que puideron ter", di Villares.

O titular do Mar embarcou este mércores nun barco mexilloeiro no porto de Combarro e visitou un polígono de bateas, acompañado do alcade de Poio e de representantes do sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade