Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta solicita 28 millóns adicionais de fondos Next Generation

A Xunta solicita 28 millóns adicionais de fondos Next Generation

Non está de acordo cos criterios e condicións do Ministerio de Transportes para a execución dos fondos de mobilidade

Ethel Vázquez acudiu á reunión de traballo convocada pola Asociación Española de Construtores Independentes
G24.gal 18/04/2023 12:38

A Xunta solicitoulle ao Goberno central unha nova achega de fondos Next Generation para acometer novas actuacións de mobilidade sostible. Así o trasladou a conselleira de Infraestruturas nun encontro de traballo convocado pola Asociación Nacional de Construtores Independentes para coñecer o modelo da Xunta para a xestión de obras públicas autonómicas.

Ethel Vázquez afirmou que a Xunta xa licitou, a 31 de marzo, o 100 % dos fondos asignados a Galicia, pero considera que pode contribuír a un maior aproveitamento destas achegas de reconstrución con novas actuacións que contribúan a descarbonizacón da mobilidade.  

Sinalou que, desde o primeiro momento, a Xunta manifestou a súa discrepancia cos criterios de repartición e condicións impostas de forma unilateral polo Ministerio de Transportes para a execución dos fondos de mobilidade. Cre que discriminan o rural e que pon prazos moi estritos para que as comunidades executen as obras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade