Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta tramita un decreto para que as farmacias leven menciñas á casa

A Xunta tramita un decreto para que as farmacias leven menciñas á casa

O servizo estaría dispoñible para persoas dependentes ou que viven en zonas illadas

Serán as farmacias máis próximas ao lugar de residencia as responsables da entrega

 

G24.gal 14/07/2024 14:35 Última actualización 14/07/2024 14:57

O proxecto aínda está en consultas, pero a idea é que os doentes con dependencia ou residentes en zonas illadas dispoñan do seu medicamento sen saír da casa, subministrado pola propia farmacia.

O servizo está pensado para superar as dificultades que algunhas persoas enfermas teñen para desprazarse ao hospital ou á botica a buscar a súa menciña.

A entrega do medicamento será a través dalgunha das cinco farmacias máis próximas ao domicilio do paciente e con todas as garantías.

Xa comezaron as consultas aos profesionais implicados. Durante a pandemia xa funcionou un sistema semellante de entrega de fármacos a domicilio. Cóntase que o decreto que se está a tramitar comece a aplicarse a principios do próximo ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade