Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta xa tramitou once parques eólicos

A Xunta xa tramitou once parques eólicos

Confirmoullo o vicepresidente primeiro ao comité de empresa de Alcoa San Cibrao

A enerxía eólica é decisiva para abaratar a factura da electricidade da factoría

O Ministerio ten que darlle o visto e prace definitivo 

G24.gal 11/01/2023 21:00 Última actualización 11/01/2023 21:19

A Xunta confirmoulle ao comité de empresa de Alcoa San Cibrao que xa tramitou once parques eólicos. O ministerio é quen ten que aprobalos definitivamente. A enerxía eólica é decisiva para o futuro industrial da factoría porque permitirá reducir o prezo da factura eléctrica. Esta potencia tramitada equivale ao 40 % da enerxía que consome a planta.

A factoría de aluminio primario de San Cibrao leva un ano pechada e quédalle outro máis para volver abrir, se se cumpre o previsto. O comité de empresa de Alcoa reuniuse co vicepresidente económico da Xunta para abordar a tramitación dos novos parques eólicos que son claves porque lle subministrarán enerxía á planta, o cal permitirá abaratar a súa factura eléctrica para que sexa competitiva.

"Hai un acordo entre os traballadores e a Xunta de Galicia para traballar nun dobre sentido. Primeiro, para seguir desenvolvendo as renovables e, polo tanto, que Alcoa poida ter un contexto para pechar acordos coas eléctricas e, ao mesmo tempo, que o Goberno poida establecer un marco eléctrico competitivo", di Francisco Conde, vicepresidente primeiro da Xunta.

O vicepresidente confirmoulles aos traballadores que a Xunta tramitou por vía excepcional e para axilizar, máis de 1.000 megawatts de potencia eólica repartida en once parques. Agora queda que o Ministerio lle dea o visto e prace.

"Sobre eses 1.100 megawatts que xa están licitados, á espera de que o Ministerio os poida aprobar e se empece a construír todos eses parques. Eses 1.100 megawatts son cae o 40 % do que consumimos", afirma José Antonio Zan, presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao.

Sobre as negociacións que manteñen coa multinacional, no comité din que se centran nos investimentos previstos para a modernización da planta e nas garantías laborais para os traballadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade