Cargando resultados...
A xustiza dá dez días ao Govern para implantar o 25 % de castelán nas aulas
A xustiza dá dez días ao Govern para implantar o 25 % de castelán nas aulas
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña declara firme a sentenza que obriga a dispensar o 25 % da horas de clase en castelán nas escolas da comunidade autónoma
G24.gal
21/01/2022 12:29
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña declarou firme a sentenza que impón un 25 % de clases en castelán nas escolas catalás e deu dez días de prazo á Generalitat para que empece a aplicala.
Na súa resolución, a letrada da sala contenciosa do TSXC decreta a firmeza da sentenza que o tribunal ditou en decembro de 2020, unha vez o Supremo decidiu non admitir a trámite o recurso de casación interposto pola Generalitat contra esta.