Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xustiza dálle a razón a un empresario galego afogado polas débedas

A xustiza dálle a razón a un empresario galego afogado polas débedas

Xa non vai ter que pagar os máis de 325.000 euros que debía 

G24.gal 18/01/2024 14:09

Moitas persoas ven complicado reducir o endebedamento que co tempo foron acumulando como foi o caso do empresario que recorreu a este despacho de avogados coruñés.

"Vírase na obriga de avalar débedas da empresa para continuar coa actividade que finalmente fracasou e atopouse cun volume de débedas importante a título persoal", comenta o avogado que levou o seu caso.

Eran máis de 325.000 euros que arrastraba e que o xulgado acaba de deixar en cero en aplicación da lei da segunda oportunidade. Unha medida legal que esixe para poder beneficiarse:

"Ser debedor de boa fe, non ter antecedentes penais e facer algún esforzo extra en caso de ter algunha propiedade. Por sorte, a vivenda queda á marxe".

A pesar de que a norma foi aprobada en 2015, moitos debedores acoden tarde por descoñecemento. Da axilidade no proceso, din que xa é cousa do xulgado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade