A xustiza europea rexeita limitar as licenzas dos VTC en función das de taxi
A xustiza europea rexeita limitar as licenzas dos VTC en función das de taxi
O TXUE sentencia que é "desproporcionada" a norma da Área Metropolitana de Barcelona que establece un máximo dunha licenza de VTC por cada 30 de taxi
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) declarou este xoves ilegal a limitación do número de licenzas de servizos de vehículos de transporte con condutor (VTC) na área Metropolitana de Barcelona (AMB) a unha por cada trinta permisos a servizos de taxi, ao concluír que supón unha restrición á liberdade de establecemento "desproporcionada".
Entende o TXUE que limitar o número de licenzas aos VTC en función das que se outorguen aos servizos de taxi é contraria ao dereito da Unión Europea.
Con todo, o alto tribunal europeo si considera que pode resultar necesario esixir a obtención dunha licenza adicional á prevista a nivel nacional para asegurar a boa xestión do transporte, do tráfico e do espazo público e da protección do medio ambiente.
A xustiza europea resolve así a cuestión prexudicial remitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXC) respecto ao caso de Prestige and Limousine SL, filial de Cabify, que levou aos tribunais o regulamento local de ordenación de VTC na Área Metropolitana de Barcelona.