Cargando resultados...
A xustiza mantén a paralización cautelar da mina da Penouta en Viana do Bolo
A xustiza mantén a paralización cautelar da mina da Penouta en Viana do Bolo
O TSXG desestima os recursos da Xunta e da empresa contra a suspensión da actividade
G24.gal
13/12/2023 20:44
Última actualización 13/12/2023 20:58
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mantén a suspensión cautelar de actividade na mina da Penouta tras desestimar os recursos da Xunta e da empresa.
Asegura que a decisión tomada en setembro é axustada a dereito. Tamén que na tramitación ambiental se omitiu un estudo do impacto ambiental da mina nunha zona de protección Rede Natura 2000.
Na mina da Penouta, en Viana do Bolo, extraían coltán, un valioso mineral que se utiliza para producir aparellos tecnolóxicos.