Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abaratan os prezos para enviar castañas por correo

Abaratan os prezos para enviar castañas por correo

A tempada de castañas aínda está arrincando, pero Correos xa puxo en marcha a campaña especial para envialas a outros puntos da Península, que se prolongará ata finais de novembro 

Unha iniciativa coa que empezaron hai sete anos e que está concibida para que calquera galego poida facer o magosto, por lonxe que viva

G24.gal 15/10/2024 14:18

É día de feira en Trives e Elvira aproveita para mercar unhas castañas da zona para o seu fillo, que vive en Madrid. Xa hai ganas delas, pero as dos seus castiñeiros aínda non caeron.

Paula Rodríguez, directora da oficina de Correos de Trives: "A vantaxe sobre todo é o prezo, cun desconto de catro sesenta e cinco sobre o prezo habitual da caixa da tarifa plana. Tamén ten servizo de notificacións ao destinatario e seguro incluído".

Non deben ir a granel, por se se deteriora a caixa, e recomendan que as castañas vaian ben enxoitas. A repartición faise de luns a xoves, para evitar que pase moito tempo entre o envío e a entrega.

"Xa o teño usado varias veces e moi ben. En 48 horas xa soe estar en destino", asegura Elvira.

A primeira vez que se fixo esta campaña foi en 2017 e foi en aumento, á vista da demanda. Actualmente, o servizo préstase en 20 concellos galegos, das provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra. Os envíos pódense facer desde as oficinas de Correos ou entregándollelas aos carteiros rurais que percorren as aldeas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade