Publicador de contidos
Publicador de contidos

Apañar cogomelos e castañas con carné para coidar do monte

Apañar cogomelos e castañas con carné para coidar do monte

A comunidade de Montes de San Xoán de Lagostelle leva dous anos expedindo un carné para apañar nos seus terreos

A tarxeta é gratuíta para os veciños da parroquia e ten un custo de 20 euros anuais para os de fóra

Os cartos recadados invístense na mellora do seu patrimonio natural

G24.gal 12/10/2024 21:16 Última actualización 12/10/2024 22:17

A comunidade de montes de San Xoán de Lagostelle, en Guitiriz, ten 1.100 hectáreas. A finais do ano 2022 puxo en marcha un carné de recolector de cogomelos e castañas, que aínda mantén e con moito éxito. 

"Non se pode recoller sen unha tarxeta identificativa, persoal, acordouse na Asemblea facela por anos naturais. Os residentes fixos dáselles de xeito gratuíto, e os que viven fóra de San Xoán de Lagostelle cóbraselles 20 euros por ano e tamén a teñen que renovar todos os anos. Tivo unha acollida sorprendente o primeiro ano", di Francisco Roca, presidente da comunidade de montes San Xoán de Lagostelle, en Guitiriz.

Foi unha das comunidades de montes pioneiras en poñer en marcha este tipo de carnés. Aquí moitos dos solicitantes proveñen de cidades próximas como Santiago ou A Coruña..., pero tamén de fóra de Galicia. 

"O primeiro ano xa vendemos para fóra arredor de 170 tarxetas. A xente de Madrid, Bilbao, Xaén. Mozas que viñeron de vacacións ou que pasaron por aquí, tamén de Rusia", engade.

As zonas de recollida teñen que estar sinalizadas e utilizan o que recadan para tarefas de repoboación e no coidado do monte.

"Iso é no estamos, en que a xente que veña aquí que apañe cogomelos, que se vaia contenta e darlle valor ao rural porque o rural parece que está aí desaparecido e o rural ten un valor impresionante, temos que poñelo en valor", destaca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar