Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aberta unha investigación por abusos sexuais a menores nun colexio de Getxo

Aberta unha investigación por abusos sexuais a menores nun colexio de Getxo

Catro familias denunciaron o profesor de inglés do centro por agredir presuntamente as súas fillas de tan só catro anos

O Colexio Europa asegura que "actuou con dilixencia" e que apartou o docente do centro educativo

Investigado por presuntos abusos sexuais un profesor do Colexio Europa de Getxo (EFE/Miguel Toña) Investigado por presuntos abusos sexuais un profesor do Colexio Europa de Getxo (EFE/Miguel Toña)
G24.gal 28/05/2024 09:21 Última actualización 28/05/2024 12:31

A Ertzaintza abriu unha investigación por presuntos abusos sexuais a menores nun colexio de Getxo (Biscaia), segundo informou o departamento vasco de Seguridade.

As pescudas comezaron despois de que catro familias denunciaran o profesor de inglés do colexio Europa por abusar supostamente de catro alumnas de tan só catro anos, segundo publicou este martes o diario El Correo.

Nun comunicado remitido a primeira hora deste martes, a dirección do Colexio Europa asegura que actuou "coa máxima dilixencia" e que "a persoa involucrada foi inmediatamente apartada do centro".

O profesor investigado era docente de infantil desde este curso no centro. Tamén daba clases de inmersión de inglés en infantil, primaria e ESO desde hai un par de anos.

Está a ser investigado por varios presuntos delitos contra a liberdade sexual tras ser denunciado por, polo menos, catro familias. Segundo informou o Departamento de Seguridade vasco, as pescudas mantéñense abertas, ante a posibilidade de que se podan interpoñer novas denuncias.

O colexio ponse á disposición das familias para "superar esta situación da mellor maneira posible". 

Nun comunicado feito público este martes, os propietarios do Colexio Europa -un centro concertado- sinalan que actuaron con dilixencia ante os "desgraciados acontecementos" e "en coordinación" cos servizos de inspección educativa e coa policía "desde o primeiro momento no que se tivo coñecemento de calquera indicio".

Os responsables do centro din que "as familias do nivel afectado" foron informadas "debidamente" do sucedido durante a xornada de onte e poñen os seus recursos a disposición das familias  para, entre todos, "superar esta situación da mellor maneira posible". Explican que "se é necesario dotarémonos de medios adicionais durante o tempo que sexa conveniente".

Tamén precisan que en todo momento o seu obxectivo é "protexer os alumnos e as súas familias" e "evitar interferir nos procedementos legais abertos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade