Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aberto ata o 20 de marzo o período para solicitar praza en centros escolares para o curso 2024/25

Aberto ata o 20 de marzo o período para solicitar praza en centros escolares para o curso 2024/25

O prazo atinxe o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo e os traslados de centro escolar

Os trámites poden realizarse de forma presencial ou por vía telemática a través da aplicación informática aloxada no Portal Educativo

A matrícula abrirase a partir do 20 de xuño

G24.gal 01/03/2024 12:36

Este venres, 1 de marzo, quedou aberto o período para solicitar praza nos centros escolares galegos para o curso 2024/25, que poderá pedirse ata o próximo día 20 deste mes.

O procedemento, como explicou a Consellería de Educación nun comunicado, está enfocado ao alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo e para aqueles alumnos que desexen cambiar de centro escolar.

Os trámites poden realizarse de forma presencial ou por vía telemática a través da aplicación informática aloxada no Portal Educativo e a xanela para formular a matrícula abrirase a partir do 20 de xuño.

Desde esa data e ata o 1 de xullo poderán rexistrar a súa matrícula os alumnos de infantil e primaria, mentres que do 23 de xuño ao 8 de xullo será a quenda de ESO e bacharelato.

Antes, as listaxes provisionais de admitidos e excluídos serán publicados o 25 de abril. O 15 de maio farase pública a relación definitiva.

A través das ferramentas telemáticas, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento empregando o código que xera a aplicación ao gravar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade