Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aberto o prazo de reserva para visitar as Cíes e Ons durante a Semana Santa

Aberto o prazo de reserva para visitar as Cíes e Ons durante a Semana Santa

O período autorizado de reserva é entre o 8 e o 17 de abril

As Cíes poden acoller 1.800 persoas diarias e Ons, 1.300

 

 

Praia de Rodas nas Illas Cíes
G24.gal 09/02/2022 13:56

"Xa estivemos recibindo as primeiras reservas para estes paraísos", comenta María Moledo, coordinadora comercial dunha navieira.

O Parque Nacional das Illas Atlánticas é un reclamo turístico de primeira, así o confirman os milleiros de persoas que o visitan cada ano.

"O prazo para poder sacar as autorizacións para a Semana Santa abriu onte e está dispoñible mentres haxa cota durante todo este tempo ata a propia Semana Santa. As Cíes teñen unha cota limitada de 1.800 visitantes ao día e a illa de Ons de 1.300, polo que é practicamente asegurado que se encha a cota sobre todo dende o Xoves Santo ao domingo", informa María.

Dende o ano 2018 a visita ás illas está regulada e só se pode ir con autorización previa da Xunta a través da súa central de reservas dixital.

"Cada persoa pode facer un máximo de 10 solicitudes, pero pode repetir o proceso todas as veces que necesite en caso que no grupo viaxen máis de 10 persoas", destaca a coordinadora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade