Publicador de contidos
Publicador de contidos

"O pico asistencial nas urxencias non é excepcional nesta época do ano", din desde o Sergas

"O pico asistencial nas urxencias non é excepcional nesta época do ano", din desde o Sergas

O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, fai un chamamento á vacinación para mitigar os efectos máis graves dos virus respiratorios

Centenares de persoas con gripe e VRS, entre eles moitos nenos, acoden estes días ás urxencias dos hospitais galegos

G24.gal 13/12/2023 14:16

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, recoñece momentos de saturación no servizo e fai un chamamento a seguir vacinándose para mitigar os efectos graves da covid ou da gripe.

"É importante que se vacine o maior número de persoas que poidan, e isto vai axudar a amortecer os picos estacionais de infeccións respiratorias das épocas de frío que non son nada excepcionais nesta época do ano", dixo Aboal.

O director xeral de asistencia sanitaria aludiu aos plans de continxencia de cada hospital, que prevén como adaptarse ao picos de demanda. Recoñeceu que xa se están a dobrar quendas para poder manter o ritmo asistencial e tamén que hai momentos de saturación. 

"É certo que cando a demanda non é previsible, vén en picos, neses momentos pode producirse unha demora. Atraso -dixo- que non debería afectar os casos máis severos: as persoas cunha triaxe laranxa ou vermella non van esperar e van ser atendidos en dez minutos".

Aboal facía estas declaracións no acto de presentación da estratexia galega de calidade asistencial, que marca obxectivos para os próximos catro anos, destinados a mellorar a atención ao paciente con criterios de seguridade e equidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade