Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre a primiera feira de ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas: InnovArt 2023

Abre a primiera feira de ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas: InnovArt 2023

23 centros asesoran sobre os seus estudos a futuros estudantes

G24.gal 13/04/2023 15:01

No Gaiás abriu as portas a primeira Feira de Ensinanzas Artísticas, de Idiomas e Deportivas. Un escaparate do talento galego que amosa o potencial académico que ten Galicia nesas áreas. Para dalo a coñecer, 23 centros asesoran das saídas profesionais os futuros estudantes.

No escenario demostran por que forman parte do talento galego. Son alumnas e alumnos do Conservatorio Profesional de Danza que ten Galicia. Veñen de Lugo e acaparan a atención na entrada á feira.

Cristina Lata, directora do Conservatorio de Danza de Lugo, di que a feira é moi importante para "visibilizarnos, que nós a danza sempre somos de todas as artes a que está como mais pequeniña"

Este quinteto estuda no conservatorio de Vigo. Un dos nove que participan no escaparate artístico. Un dos membros, Daniel Martínez di que: "Está moi ben para que os rapaces coñezan o traballo que facemos día a día para logo dedicarnos ao ensino, á interpretación...".

Máis de 500 alumnos e 200 profesores asesoran os visitantes, que afondan, por exemplo, na arqueoloxía a través dun obradoiro da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra.

Hainos tamén de escultura, deseño gráfico, moda, xoiería, fotografía. 23 centros galegos expoñen o seu potencial académico.

Elisa González é vicedirectora da Escola Superior de Arte Mestre Mateo e conta que "é unha formación moi orientada á práctica laboral. A maioría do noso alumnado ao rematar intégrase laboralmente".

Aquí atopamos tamén as catro escolas oficias de idiomas e tres centros de ensinanzas deportivas.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades explica: "Estamos a falar de case 30.000 alumnos, 40.000 coas escolas oficiais de idiomas. E o que se pretende é captar talento e poñerá estas escolas en valor".

Entre hoxe e mañá pasarán por aquí 4.000 estudantes galegos de primaria e secundaria. Un espazo para a creatividade, o deporte e os idiomas que polas tardes abre de balde ao público en xeral. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade