Cargando resultados...
Abre ao público en Lugo a maior tirolina de Galicia
Abre ao público en Lugo a maior tirolina de Galicia
Mide 330 metros e está na Pontenova
G24.gal
12/02/2022 13:54
Esta tirolina enmárcase dentro da aposta polo turismo verde e activo que se está a facer dende A Pontenova e que enriquece a oferta da Mariña luguesa.
Detrás do lúdico hai unha historia.
A tirolina máis longa de Galicia está na parroquia de Conforto.
Para montar hai que pesar entre 50 e 110 quilos.
O prezo da experiencia son 15 euros.
Os 330 metros do percorrido fanse en 40 segundos, co cal a velocidade chega a ser de 70 quilómetros por hora.
Nalgúns puntos do percorrido a altura é de 80 metros.
Os pequenos tamén poden gozar dunha tirolina adaptada a eles situada ao final do percorrido polo complexo histórico recreativo de Mina Consuelo.