Cargando resultados...
A AC-552 é a estrada máis ruidosa de Galicia
A AC-552 é a estrada máis ruidosa de Galicia
Afectados máis de 11.000 veciños entre A Coruña e Carballo
G24.gal
11/01/2022 14:50
Co ruído é co que conviven a diario os veciños de Vilarrodís, no concello coruñés de Arteixo. A estrada que os atravesa é, segundo a Axencia Galega de Infraestruturas, a máis ruidosa da rede galega.
Hai momentos do día en que o ruído chega aos 75 decibeles.
Son preto de once mil veciños e máis de cinco mil cincocentas vivendas as que a diario sofren as súas consecuencias, aínda que moitos xa estean afeitos.
Para intentar minimizar o problema, a Xunta xa ultima o seu cuarto plan contra a contaminación acústica.