Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aceleran os traballos de extinción en Castelló aproveitando a humidade e o pouco vento

Aceleran os traballos de extinción en Castelló aproveitando a humidade e o pouco vento

Os esforzos concéntranse nos arredores de Montán para evitar que as lapas alcancen a localidade

De momento non se prevén novos desaloxos pero tampouco que poidan volver ás súas casas os case 1.600 evacuados de nove municipios da comarca de Alto Mijares

G24.gal 28/03/2023 21:14 Última actualización 28/03/2023 21:40

As próximas horas serán decisivas para controlar o lume. Máis de 500 bombeiros e 23 medios aéreos aceleran ao máximo os traballos de extinción. Seguirán durante toda a noite, cando se prevén as condicións meteorolóxicas mais favorables, porque, a partir do xoves, volven as altas temperaturas e os fortes refachos de vento.

Os esforzos concéntranse nos arredores de Montán para evitar que as lapas alcancen a localidade. De momento, non se prevén novos desaloxos pero tampouco que poidan volver ás súas casas os case 1.600 evacuados de nove municipios da comarca de Alto Mijares.

Tamén se reforza a protección da Serra d´Espadá, un pulmón verde de gran valor. A NASA facilitou este martes imaxes nocturnas, que amosan unha superficie queimada de máis de 4.600 hectáreas. A Unidade militar de emerxencia traballa con drons para asegurar o perímetro e identificar os puntos quentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade