Cargando resultados...
Achegámosos ao 'footgolf', un novo deporte entre o fútbol e o golf
Achegámosos ao 'footgolf', un novo deporte entre o fútbol e o golf
A Asociación Galega de Footgolf ten xa preto de 100 socios
G24.gal
13/09/2024 21:08
Última actualización 13/09/2024 21:14
Xógase no campo de golf, pero coa pelota de fútbol e sen paus. É o 'footgolf'. Un novo deporte que nos últimos anos vén gañando afeccionados e proba diso son os torneos que se están a organizar.
Os xogadores deben golpear co pé o balón para metelo nos buratos, que loxicamente son máis grandes, en concreto de 54 centímetros.
Quen o practica di que se trata dun deporte diferente, pero con moitas posibilidades.
Dende 2018, cando se creou, a Asociación Galega de Footgolf, sumou preto de 100 socios. Polo momento comparten campos cos xogadores de golf, pero, segundo explican, hai espazo para todos.