Achégase a fin de TikTok nos móbiles de empresa?
Achégase a fin de TikTok nos móbiles de empresa?
A Comisión Europea prohibiu aos seus traballadores empregar TikTok nos móbiles corporativos
A seguridade de toda a información que gardamos nos terminais móbiles está detrás desta decisión da Comisión Europea de prohibir TikTok nos teléfonos oficiais.
Unha medida que non afecta os móbiles persoais dos traballadores. Empresas e cidadáns apostan por ser cautos no uso deste tipo de aplicacións.
"Considero normal que prohiba o uso de determinado tipo de aplicativos que non son de confianza. O maior problema é que vulneren a nosa privacidade e os datos non estean baixo protocolos seguros", apunta Enrique Alberto Moldes Moreira, responsable de tecnoloxía do grupo Visual MS.
Moitas compañías xa teñen limitada a descarga de aplicacións en teléfonos corporativos. Se ben TikTok é unha das máis coñecidas, os expertos advirten que hai moitas máis que poden supoñer un risco para a seguridade dos nosos datos.