Publicador de contidos
Publicador de contidos

Activan alerta por calor en Valdeorras e avisos por altas temperaturas tamén na bacía do Miño

Activan alerta por calor en Valdeorras e avisos por altas temperaturas tamén na bacía do Miño

Leiro, con 36,9º, marca a máxima de Galicia este xoves no inicio dunha nova vaga de calor

G24.gal 08/08/2024 20:51 Última actualización 08/08/2024 22:12

Galicia non vai escapar desta nova vaga de calor, algo difícil en zonas coma Leiro que volveu rexistrar a máxima de Galicia con case 37 graos.

Altas temperaturas que se dan este xoves sobre todo no treito ourensán da bacía do Miño e na comarca de Valdeorras.

Estas dúas zonas están en aviso amarelo meteorolóxico e ademais en Valdeorras a Xunta activou a alerta amarela por calor tanto diúrna como nocturna.

A cunca do Miño cos seus afluentes como o Avia rexistraron esta xornada as temperaturas máis altas. 36,9 en Leiro, dúas décimas menos na Arnoia, e un grao inferior no Barco.

Nos concellos da comarca de Valdeorras a Xunta activou alerta amarela polos efectos que a calor pode ter na saúde.

Cómpre, xa que logo, beber máis líquido do habitual, manterse á sombra, vestir roupa lixeira e non realizar esforzos físicos nas horas de máis calor. E quen poida, que dea un baño refrescante.

Este venres será un novo día de aviso amarelo xa en toda a cunca do Miño, tanto de Ourense como de Pontevedra, e o sábado será aínda peor, con valores superiores aos 40 graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade