Actividade frenética nas tendas de disfraces unha semana antes do Entroido
Actividade frenética nas tendas de disfraces unha semana antes do Entroido
Entre os máis demandados están os de botella de aceite, Barbie ou One Peace, entre outros
Tendas como Don Disfraz vende o 90 % dos seus disfraces por Internet, pero tamén atopamos quen o quere facer en persoa. Nunha tenda de Ponteareas pódense ver in situ as 18.000 referencias das que dispoñen. Este ano todos queren ir de botella de aceite ou de Barbie, e tamén de Nancy Aitana, Stitch ou One Peace. Tamén hai percebes e merluzos.
Nestes días venden o 70 % da súa facturación, pero logo virá a Feira de abril, as despedidas de solteiros e as festas temáticas ou medievais, acaba sendo un non parar ata Samaín.
Nos 20 anos en que esta empresa leva funcionando moitas cousas cambiaron: desapareceron os charlestóns, e viquingos raíñas e princesas están de capa caída.