Publicador de contidos
Publicador de contidos

Activo un incendio no concello do Saviñao

Activo un incendio no concello do Saviñao

G24.gal 26/07/2022 21:30

Contra as catro da tarde, declarábase un novo incendio no concello do Saviñao. O lume, que xa queimou arredor de 20 hectáreas, orixinouse con tres focos na parroquia de Rebordaos, moi preto da presa de Belesar, e podería ser intencionado.

Alí están a traballar dous axentes, nove brigadas, cinco motobombas, cinco avións e seis helicópteros.

En Ourense esta pasada noite quedou extinguido o incendio declarado no concello de Oímbra, no que arderon 2.100 hectáreas.

Pouco antes quedara controlado o de Carballeda de Valdeorras, o maior de toda a provincia, que leva afectadas máis de 10.000 hectáreas de terreo. Tamén continua estabilizado o lume que arrasou outras 6.500 hectáreas en Vilariño de Conso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade