Publicador de contidos
Publicador de contidos

Besteiro ironiza co programa do PP: "Imos facer en 4 anos o que non fixemos en 15"

Besteiro ironiza co programa do PP: "Imos facer en 4 anos o que non fixemos en 15"

Di que as promesas populares non son cribles porque a metade das cousas "xa non se poderían facer cos orzamentos de 2024"

G24.gal 28/01/2024 13:00 Última actualización 28/01/2024 17:01

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, ironizou este domingo co programa electoral do PPdeG, con 870 medidas, presentado este sábado

"Imos facer nos próximos catro anos o que non fixemos nos últimos quince", sinalou.

Considerou que as promesas populares non resultan cribles porque "a metade das cousas que están a prometer xa non se poderían facer cos orzamentos de 2024".

Nun acto en Redondela, apoiado pola portavoz do PSOE, Esther Peña, demandou "non perder máis oportunidades para Galicia", que ve "parada" en moitos sentidos.

Segundo dixo, "medra menos ca o resto de España" en poboación, "cun 50 % dos fondos europeos que se perden", máis débeda pública e menos ocupación industrial. Porén, amosouse convencido de que "o cambio é posible e vai vir da man do Partido Socialista".

Liñas de acción

Entre as súas liñas de acción están o reforzo da atención primaria, que cre que "xa pasou á historia da man do Partido Popular", ou a "gratuidade" da AP-9. Tamén o impulso do tren Vigo- Porto-Lisboa, que levará tamén a nivel europeo.

Sobre as enquisas, que sitúan o PSdeG como terceira forza e deixan ao PPdeG ao bordo da maioría absoluta, lembrou que o 23 de xullo as sondaxes tamén apuntaban a un goberno popular que despois non foi posible, polo que prognosticou que sucederá algo similar en Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade