Acto final da campaña "Camiñemos pola esclerose múltiple" en Santiago
Acto final da campaña "Camiñemos pola esclerose múltiple" en Santiago
A asociación reivindica o recoñecemento do 33 % de discapacidade só co diagnóstico da doenza
A Asociación Española de Esclerose Múltiple (Aedem) celebrou este domingo en Santiago o acto final da campaña "Camiñemos pola esclerose" que comezou en maio en Madrid.
Na organización tamén participa a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (Cocemfe).
A chuvia impediu que fixesen o último treito do Camiño pero aínda así celebraron un encontro no que participaron afectados pola doenza e as súas familias.
O evento serviu para poñer de manifesto as necesidades específicas do colectivo, que reclamou medidas como que o diagnóstico da enfermidade supoña automaticamente o recoñecemento dun 33 % de discapacidade.
Quixeron ademais concienciar as persoas diagnosticadas recentemente da importancia de acudir ás asociacións para que as orienten sobre os recursos dispoñibles e reciban atención sociosanitaria.