Publicador de contidos
Publicador de contidos

Actos vandálicos na Coruña tras recruar o conflito da recollida do lixo

Actos vandálicos na Coruña tras recruar o conflito da recollida do lixo

Arden tres coches e dous colectores esta madrugada

G24.gal 05/03/2022 13:59

O conflito do lixo na Coruña agravouse nas últimas horas. Nova madrugada con incendios nas rúas da Coruña. Os bombeiros recibiron o primeiro aviso contra as dez da noite para actuar nas proximidades do Pazo da Ópera. O lume afectoulles a un turismo e dous colectores de lixo.

Pouco despois houbo outro incendio na rúa Marabillas no barrio da Sagrada Familia. As lapas calcinaron dous coches aparcados e o fume entrou nun inmoble que tiveron que ventilar os bombeiros, ademais de derretérense as persianas dos pisos máis próximos á rúa.

O conflito do lixo mantense

Os actos vandálicos prodúcense horas despois de que racharan as negociacións dos traballadores coa empresa concesionaria e de que se convocara folga nos servizos de recollida e limpeza das rúas da cidade. Son os contratos de maior contía para o Concello, cun custo de 11,6 e 14 millóns de euros anuais respectivamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade