Publicador de contidos
Publicador de contidos

Procesados por terrorismo dous mozos vinculados coa bomba en Baralla de 2014

Procesados por terrorismo dous mozos vinculados coa bomba en Baralla de 2014

O xuíz impúxolles unha fianza de 300.000 euros aos dous supostos membros de Resistencia Galega 

G24.gal 02/12/2022 16:50 Última actualización 03/12/2022 09:53

 O xuíz da Audiencia Nacional José Luis Calama procesou o presunto portavoz de Resistencia Galega Antonio García Matogueiras, Toninho, e a súa parella, Asunción Losada Camba, pola colocación dun artefacto explosivo no Concello de Baralla en 2014.

O titular do Xulgado Central de Instrución número 4 acúsaos de pertenza a organización terrorista, depósito de aparellos explosivos, e danos terroristas e imponlles unha fianza de case 300.000 euros.

O 1 de outubro de 2014 produciuse unha explosión no Concello de Baralla.

A explosión causou cuantiosos danos materiais no edificio e en varios inmobles contiguos.

Por esta explosión foi condenado a 7 anos e medio de cárcere Raúl Agulleiro Cartoy.

Para cometer dita acción, prosegue o xuíz, contou coa colaboración de Antonio García Matogueiras, Toninho, e a súa parella, Asunción Losada Camba.

García Matogueiras, di o xuíz, é o autor de documento manuscrito incautado a Agulleiro con informacións sobre obxectivos da banda terrorista Resistencia Galega, entre os que se atopaba o Concello de Baralla.

Ademais, o  seu ADN apareceu nos materiais explosivos dun zulo do Pedrouzo onde se gardaban materiais explosivos.

Meses antes dese atentado, Matogueiras presentábase nun vídeo de Internet como portavoz de Resistencia Galega, onde afirmaba que debía continuar a loita armada.

Respecto de Asunción Losada, o xuíz indica que realizaba actividades de infraestrutura na organización terrorista e engade que no rexistro da súa vivenda foron incautados soportes informáticos encriptados onde se sinalaba como obxectivo o Concello de Baralla.

“Esta procesada garda unha relación directa coa responsabilidade do almacén e depósito de substancias explosivas que a banda terrorista Resistência Galega, tiña en Coímbra (Portugal), lugar onde se confeccionaban os artefactos explosivos; sendo coincidente a súa fabricación ou composición cos empregados pola citada organización, en moitos dos atentados xa cometidos”.

Ademais, apunta que existe unha relación entre os restos do reloxo de pulseira utilizado como temporizador no atentado contra o Concello de Baralla, co incautado no zulo que tiña Raúl Agulleiro e os atopados no depósito de Coímbra (Portugal).

O auto detalla os indicios de criminalidade de ambos e expón que García Matogueiras foi o autor dun arquivo informático incautado co nome “Galería de arte, exposições” con posibles obxectivos da organización terrorista como persoas, organismos públicos e empresariais ou sedes de partidos políticos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade