Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adiántanse e aumentan as alerxias ao pole debido ao bo tempo

Adiántanse e aumentan as alerxias ao pole debido ao bo tempo

Este tempo inusual fai que as plantas florezan antes

A metade da poboación vai padecer algunha alerxia

G24.gal 01/02/2024 14:35

O clima húmido e morno de Galicia fai que aquí os ácaros sexan un alérxeno común durante todo o ano pero desta volta, este tempo inusual está provocando que se adianten e que aumenten as alerxias ao pole.

"O cambio climático é evidente, estamos máis expostos á polinización, chove menos e as temperaturas son un pouco máis altas e isto pode facer que esteamos máis tempo expostos ao pole e polo tanto sensibilizámonos e volvémonos máis alérxicos. Nótanse moitas máis consultas ca antes. Se antes se dicía que unha de cada catro persoas era alérxica, agora isto está aumentando exponencialmente e practicamente a metade da poboación vai presentar algún tipo de alerxia", explica Raquel López, alergóloga do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Antihistamínicos e colirios son algúns dos produtos típicos para facerlles fronte ás alerxias, e o aumento da demanda nótase tamén nas farmacias.

"Esta semana notamos un aumento na venda de antihistamínicos e todos os produtos tanto naturais como medicamentos destinados ás alerxias. Hai moita xente que como este ano houbo moitos catarros veñen e non teñen claro se o que teñen é alerxia ou catarro. Que notas, pois proído, lagrimexo, proído no nariz e espirros", relata Tamar Troncoso, titular dunha farmacia en Lugo.

Xoga tamén un papel importante a xenética e se temos antecedentes con atopia estamos máis predispostos a desenvolver unha alerxia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos