Morren 26 persoas en accidentes de tráfico durante a Semana Santa
Morren 26 persoas en accidentes de tráfico durante a Semana Santa
A última vítima contabilizada é unha muller que morreu atropelada na circunvalación de Vigo
O domingo pola tarde houbo retencións na N-6 e na A-6 entre León e Pedrafita do Cebreiro
Dende o inicio da operación especial de Semana Santa, o venres 22 de marzo ás tres da tarde, ata as 20:00 horas do domingo faleceron 26 persoas en 22 accidentes nas estradas españolas.
A última vítima contabilizada é unha muller de 48 anos que morreu atropelada na circunvalación de Vigo. Segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Tráfico, o pero día foi o Venres Santo con cinco sinistros e oito falecementos.
Durante a tarde do domingo rexistráronse retencións na estrada N-6 entre León e Pedrafita do Cebreiro, do punto quilométrico 432ao 433, en sentido crecente. Tamén houbo atoamentos na A-6 desde o quilómetro 427 nas Lamas ao quilómetro 430 no Castro, en dirección A Coruña.
Na A-8, entre Veiga de San Tomé e O Someiro, ambos na provincia de Lugo, a circulación estivo condicionada polo vento en ambos os dous sentidos. Do mesmo xeito, complicouse o tráfico nos accesos ás principais urbes.
A operación retorno prolóngase ata este luns, 1 de abril, porque é festivo en sete comunidades: Baleares, Cantabria, Cataluña, Euskadi, A Rioxa, Comunidade Valenciana e Navarra.