Cargando resultados...
Adiaratou Iglesias loitará por facerse co título mundial dos 100 metros
Adiaratou Iglesias loitará por facerse co título mundial dos 100 metros
A campioa paralímpica meteuse na final dos Mundiais de París, clasificatorios para os Xogos do vindeiro ano
G24.gal
10/07/2023 08:00
A lucense Adiaratou Iglesias loitará esta tarde en París por gañar unha medalla na proba dos 100 metros. Adi gañou a serie semifinal marcando un tempo de 12,34, catro décimas menos que a brasileira Soares. A outra serie foi máis rápida, e as tres primeiras baixaron dese rexistro, co que se agarda unha final moi dura para a atleta galega.
A proba principiará ás 19:25 e Adi Iglesias irá pola estaxe central, acarón de Lamiya Valiyeba (Aze), que realizou no Mundial a mellor marca da temporada con 11,89, a só seis centésimas do mellor tempo histórico de Iglesias.